José Miguel Gato Luaces, nado en Ortigueira[1] en 1946 e finado en Madrid o 19 de novembro de 2010[2] foi un xornalista e cineasta galego.
Traxectoria
Estudou na Escola Oficial de Cinematografía ata o peche do centro e formou parte do movemento do cinema galego xurdido na década de 1970. Tras varios traballos en filmes doutros directores realizou e coescribiu con Francisco Taxes a curtametraxe A tola (1974), que foi proxectada nas Xornadas de Cine de Ourense antes de ser censurada e secuestrada. O filme non se conserva.
Traballou ademais como xornalista cinematográfico en diversas revistas e suplementos culturais e como guionista en Televisión Española, Telemadrid e ETB.
Filmografía
- A tola (1974)
- O herdeiro (1976)
- Eguas preñadas polo vento (1977)
- Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) (1977)
- Pesquisas. O caso das galiñas aforcadas (1991)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. p. 180. ISBN 84-453-3152-3.
Ligazóns externas