Michael López-Alegría, nado en Madrid o 30 de maio de 1958, é un astronauta español-estadounidense retirado que formou parte das misións Soiuz TMA-9, STS-73, STS-92, STS-113 e Axiom 1, sendo membro da Expedición 14 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
López-Alegría graduouse en sistemas de enxeñería pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1980 e é máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1988.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1992, participando nas misións Soiuz TMA-9, STS-73, STS-92 e STS-113 e sendo membro da Expedición 14 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 257,95 días no espazo.[1][2]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lopez-Alegria, Michael Eladio 'LA'" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (marzo de 2012). "MICHAEL E. LOPEZ-ALEGRIA (CAPTAIN, USN, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos