Michał Kwiatkowski, nado en Dzialyn o 2 de xuño de 1990, é un ciclista profesional polonés. Actualmente corre para o equipo ProTeam Sky.
Traxectoria
En 2010 deu o paso ao profesionalismo ao debutar co equipo español Caja Rural. En 2011 fichou polo equipo Team RadioShack e, tras a fusión deste co Leopard-Trek, pasa ao Omega Pharma-QuickStep. O ano 2013 supuxo a súa explosión como ciclista no pelotón internacional, ano no que recibiu o alcume de Tigre do Báltico.
2014: explosión e campionato mundial
Comeza a tempada 2014 vencendo nun dos catro trofeos da Challenge Ciclista a Mallorca. Despois consegue a Volta ao Algarve, por diante de corredores como Alberto Contador e Rui Costa, así como dúas etapas, a primeira nun ataque a falta de seis quilómetros de meta, e a segunda nunha exhibición contra o reloxo onde lograría quedar por diante de Adriano Malori e do seu compañeiro de equipo e gran especialista, Tony Martin.[1][2]
A continuación obtería a súa primeira vitoria en Italia ao derrotar ao eslovaco Peter Sagan na Strade Bianche, con quen escapou do pelotón a falta de 20 quilómetros. Na última pendente e a falta de 400 metros a meta Kwiatkowski atacou a Sagan e chegou á meta en solitario,con 19 segundos de renda sobre o seu compañeiro de escapada. Na Volta ao País Vasco rematou segundo na clasificación xeral por detrás de Alberto Contador. Nas Clásicas das Ardenas foi terceiro, tanto na Lieja-Bastoña-Lieja como na Frecha Valoa. Tamén acadaría o quinto lugar na Amstel Gold Race.[3][4]
En xuño proclamouse campión de Polonia contra o reloxo, estreando o maillot que o acreditaba como tal nun dos seus principais obxectivos: o Tour de Francia. Nesta carreira o seu obxectivo era rematar entre os dez primeiros da clasificación xeral, mais non o lograría, quedando vixésimo oitavo e coa sensación de que as carreiras de tres semanas non eran o seu forte.
Ao final da tempada 2014 gañou o Campionato do Mundo en Ruta en Ponferrada (España), logrando así o maillot arco-iris con tan só 24 anos. Obtívoo tras un ataque nos quilómetros finais e cun gran ritmo na última subida, o que lle permitiu aínda maiores diferenzas. Desta maneira chegaba á meta a tan só un segundo dun grupo perseguidor formado por Simon Gerrans e Alejandro Valverde, segundo e terceiro respectivamente, entre outros e a sete segundos do pelotón. Isto supuxo un fito para o seu país, converténdose no primeiro polaco en gañar un campionato do mundo en ruta elite.[5]
2015
En abril consegue a Amstel Gold Race despois de ser quinto en 2014 e cuarto en 2013, gañando nun sprint ao español Alejandro Valverde e ao australiano Michael Matthews. Desta maneira é o primeiro polaco en gañar esta carreira e, ademais, vestido de arco da vella.[6]
No mes de setembro o equipo británico Team Sky anuncia a fichaxe de Kwiatkowski para o 2016[7].
Palmarés
2009
- 1 etapa do Tour de Eslovaquia
2012
- 1 etapa dos Tres Días de Flandres Occidental
- 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo
2013
- 2º no Campionato de Polonia Contra o reloxo
- Campionato de Polonia en Ruta
2014
- 1 trofeo da Challenge Ciclista a Mallorca (Trofeo Serra de Tramuntana)
- Volta ao Algarve, máis 2 etapas
- Strade Bianche
- 1 etapa do Tour de Romandía
- Campionato de Polonia Contra o reloxo
- 1 etapa da Volta a Gran Bretaña
- Campionato Mundial en Ruta
2015
- 1 etapa da París-Niza
- Amstel Gold Race
2016
Resultados en grandes voltas e campionatos do mundo
Durante a súa carreira deportiva acadou os seguintes postos nas Grandes Voltas e nos campionatos do mundo:
-: non participa
Ab.: abandono
Equipos
- Caixa Rural (2010)
- Team RadioShack (2011)
- Omega Pharma/Etixx (2012)
- Omega Pharma-QuickStep (2012-2014)
- Etixx-Quick Step (2015)
- Team Sky (2016-)
Notas