O Metro de Sevilla é unha rede de ferrocarril metropolitano lixeiro que opera na cidade andaluza de Sevilla, en España. A primeira liña foi inaugurada o 2 de abril de 2009, aínda que na data de inauguración só se puxo en funcionamento en torno ao 80 % do trazado con 17 das 22 estacións previstas, todas as restantes (salvo a estación de Guadaíra) estiveron operativas meses máis tarde, no outono dese mesmo ano. Actualmente é a quinta rede de metro de España en canto ao número de persoas transportadas e quilómetros explotados.
A liña 1 conta cun total de 22 estacións repartidas por catro termos municipais do área metropolitana, a cuarta de España con máis de 1 500 000 habitantes. A tipoloxía desta primeira liña é subterránea polos núcleos urbanos polos que transcorre, e en viaduto ou en superficie con plataforma 100% segregada nas zonas non urbanizadas do exterior dos municipios.
A rede de Metro de Sevilla foi a sexta inaugurada en España, por detrás dos metros de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, e Palma de Mallorca. Á súa vez, foi o primeiro dos metropolitanos de Andalucía en prestar servizo, por diante das redes de Málaga e Granada.
Liñas
A táboa de abaixo describe cada unha das liñas do Metro de Sevilla. Emprégase a cor utilizada para a súa representación nos mapas. Dáse información da data de apertura da primeira sección de cada liña, lonxitude e o número de estacións das mesmas. As liñas 2, 3 e 4 aínda están en proxecto.
Metro de Sevilla
|
Liña |
Percorrido |
Lonxitude |
Estacións |
Plataformas |
Inauguración
|
|
Ciudad Expo Olivar de Quintos
|
18 km
|
22
|
65 m
|
02.04.2009
|
Redactando o proxecto construtivo:
|
|
Torreblanca Puerta Triana
|
13,4 km
|
19
|
-
|
-
|
|
Pino Montano Bermejales
|
11,5 km
|
17
|
-
|
2030 (parcial)
|
|
Liña circular
|
17,7 km
|
23
|
-
|
-
|
Véxase tamén
Ligazóns externas