Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.
Traxectoria
Titulado en Maxisterio. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 até 1983 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), formar A Quenlla. No ano 2007 cedeu, canda a "Mini", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao Museo do Pobo Galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2] No 2018 anunciou a disolución do dúo A Quenlla debido a diferenzas persoais con Mini.[3]
No 2023 publicou 50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, dando a súa versión persoal sobre a historia do grupo.[4]
Obra
Poesía
Memorias
Obras colectivas
- Contos de vellos para nenos, con Mini, 1995.
- Somos lenda viva, con Mini, 1996, Citania.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- E de súpeto o inverno, 2017, Agalir.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
Premios
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas