Estelle Merle O'Brien Thompson,[1][2] nada en Bombai (India Británica) o 19 de febreiro de 1911 e finada en Malibu (California) o 23 de novembro de 1979, foi unha actriz británica,[3] coñecida como Merle Oberon.
Traxectoria
Oberon naceu na India. Merle recibiu o alcume de "Queenie" en honor da raíña María, que visitou a India co rei Xurxo V en .[4] Criouse como a filla de Arthur Terrence O'Brien Thompson, enxeñeiro británico de Darlington que traballa en Indian Railways[5] e a súa esposa, Charlotte Selby, eurasiática de Ceilán. A súa nai tiña tamén devanceiros maorís.[6] Porén, segundo o seu certificado de nacemento, a nai biolóxica de Merle era a filla de doce anos de Charlotte, Constance. A propia Charlotte dera a luz a Constance con catorce anos, por unha violación de Henry Alfred Selby, capataz angloirlandés dunha plantación de té.[6] Para evitar o escándalo, Charlotte criou a Merle como media irmá de Constance.[3][7]
En 1914, cando Merle tiña tres anos, Arthur Thompson uniuse ao Exército Briánico e posteriormente faleceu de pneumonía durante a batalla do Somme.[8] Merle e Charlotte tiveron unha vida de pobreza en pisos de Bombai druante algúns anos. Entón, en 1917, mudáronse a unha situación mellor en Calcuta.[9] Oberon recibiu unha bolsa para asistir a escola La Martiniere Calcutta para nenas, unha das mellores escolas privadas da cidade.[9] Alí, recibiu burlas constantes pola súa orixe mestiza, o que fixo que acabase por abandonar o colexio e recibir clases na casa.[10]
Oberon viaxou a Inglaterra por primeira vez en 1928, con dezasete anos. Comezou traballando nun club co nome artístico de Queenie O'Brien e apareceu nalgúns filmes menores. A súa carreira recibiu un forte pulo cando o director Alexander Korda se interesou por ela e deulle un pequeno aínda que destacado papel, co nome de Merle Oberon, como Ana Bolena en The Private Life of Henry VIII (1933), en que traballou xunto a Charles Laughton. En 1934 protagonizou The Scarlet Pimpernel xunto a Leslie Howard, que foi o seu amante durante un tempo.[11]
A carreira de Oberon beneficiouse do seu romance e posterior matrimonio co director Alexander Korda. En 1935 protagonizou The Dark Angel, que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz. En 1937 foi escollida para encarnar a Mesalina no filme I, Claudius que ía dirixir o seu marido; porén, a actriz sufriu un accidente de tráfico que, unido a varios contratempos, obrigou a cancelar o proxecto.[12][13] Como secuelas do accidente quedáronlle cicatrices na cara, un defecto que puido rematar coa súa carreira, mais un hábil uso da maquillaxe e das luces axudoulle a encubrilo nos seus filmes posteriores.
En 1939 Oberon foi Cathy no filme Wuthering Heights xunto a Laurence Olivier. Foi unha actriz asidua en papeis históricos: en 1945 interpretou a George Sand en A Song to Remember e en 1954 a emperatriz Xosefina en Desirée ao lado de Marlon Brando.
A actriz divorciouse de Korda en 1945 e casou en tres ocasións máis. Faleceu dun accidente cerebrovascular aos 68 anos.
Vida persoal
A nai de Oberon, Charlotte Selby, realmente a súa avoa, faleceu en 1937. En 1949, Oberon encargou retratos de Charlotte a partir dunha fotografía antiga,[14] que Oberon colgou en todas as casas en que viviu ata a súa morte en 1979.[15]
Relacións e matrimonios
Oberon casou co director Alexander Korda en 1939. Aínda casada, tivo unha breve relación en 1941 con Richard Hillary, piloto da RAF que sufrira graves queimaduras durante a batalla de Inglaterra, que coñeceu mentres el realizaba unha xira de boa vontade nos Estados Unidos. Oberon mantivo unha relación intermitente co actor John Wayne entre 1938 e 1947.
Oberon converteuse en Lady Korda cando o seu marido foi nomeado cabaleiro por Xurxo VI en 1942 polos seus esforzos durante a guerra. Divorciouse del en 1945 para casa co director de fotografía Lucien Ballard. Ballard deseñou unha luz de cámara especial para ela que eliminase as súas cicatrices faciais que lle causaron o accidente de 1937. A luz pasou a ser coñecida como "Obie".[16] Ela e Ballard divorciáronse en 1949.
O seguinte matrimonio de Oberon foi co industrial Bruno Pagliai en 1957, adoptou dous fillos con el e viviron en Cuernavaca (México). En 1973, Oberon coñeceuo actor neerlandés de 36 anos Robert Wolders mentres filmaban Interval. Oberon divorciouse de Pagliai e casou con Wolders en 1975.
Disputa sobre o lugar de nacemento
Para evitar os prexuízos pola súa orixe mestiza, Oberon creou unha tapadeira, dicindo que nacera e crecera en Tasmania e que os seus rexistros de nacemento foran destruídos nun incendio. A historia real desvelouse finalmente trala súa morte.[17] Sábese que Oberon só estivo dúas veces en Australia.[18] A súa primeira visita foi en 1965, nunha campaña promocional. Aínda que estaba prevista unha visita a Hobart, despois de que os xornalistas a presionaran para que dese detalles da súa vida, púxose enferma e ao pouco tempo volveu a México.[18]
En 1978, o ano anterior á súa morte, aceptou visitar Hobart por unha recepción do Lord Mayoral. O Lord Mayor de Hobart foi informado antes da recepción de que non había probas de que Oberon nacese en Tasmania, mais, para salvar a súa imaxe, seguiu adiante co acto. Porén, pouco despois de chegar á recepción, Oberon, negou que nacese en Tasmania. Entón excusouse, afirmando que estaba enferma e que non podía contestar a máis preguntas sobre o seu pasado. De camiño á recepción contáralle ao seu chofer que de nena estaba nun barco co seu pai, este enfermou cando pasaban por Hobart e desembarcaron para que fose tratado, o que sería o motivo de que pasara algúns anos na illa. Durante a súa estadía en Hobart, pasou todo o tempo no hotel, non deu máis entrevistas e non visitou o teatro bautizado co seu nome.[18]
Filmography
Features
Notas
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 24.
- ↑ "£5,000 Damages for Merle Oberon." Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. The Glasgow Herald, 5 de maio de 1938. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 "Merle Oberon: Hollywood's Face of Mystery". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 4 de maio de 2009.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 25.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 21.
- ↑ 6,0 6,1 Higham and Moseley 1983, 18.
- ↑ "ABC TV documentary: The Trouble With Merle" Arquivado 30 de outubro de 2005 en Wayback Machine., Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 19 de setembro de 2014.
- ↑ Higham and 1983, pp. 25–26.
- ↑ 9,0 9,1 Higham and Moseley 1983, p. 28.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 30.
- ↑ Higham and Mosley 1983, P. 94.
- ↑ "Star's injuries halt production of film." Arquivado 9 de maio de 2016 en Wayback Machine. The Tuscaloosa News|, 25 de marzo de 1937. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ Graham, Sheilah. "Hollywood gadabout." Arquivado 18 de maio de 2016 en Wayback Machine. Milwaukee Journal, 4 de abril de 1937. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ Kahn, Salma. "Hollywood's first Indian actress: Merle Oberon." Arquivado 31 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. SAPNA Magazine, inverno de 2009. Contultado o 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 100.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 161.
- ↑ Higham and Moseley 1983, p. 291.
- ↑ 18,0 18,1 18,2 Pybus 1998, p. 161.
Véxase tamén
Bibliografía
- Bowden, Tim. The Devil in Tim: Penelope's Travels in Tasmania. Londres: Allen & Unwin, 2008. ISBN 978-1-74175-237-3.
- Casey, Bob. Merle Oberon: Face of Mystery. Hobart, Tasmania, Australia: Masterpiece@IXL, 2008. ISBN 978-0-98054-822-8.
- Higham, Charles e Roy Moseley. Princess Merle: The Romantic Life of Merle Oberon. Nova York: Coward-McCann Inc., 1983. ISBN 978-0-69811-231-5.
- Korda, Michael. Another Life: A Memoir of Other People. Nova York: Random House, 1999. ISBN 0-67945-659-7.
- Munn, Michael. David Niven: The Man Behind the Balloon. Londres: JR Books, 2010. ISBN 1-9-0677-967-8.
- Pybus, Cassandra. Till Apples Grow on an Orange Tree. St Lucia, Australia: University of Queensland Press, 1998. {{ISBN|978-0-70222-98
Ligazóns externas