Meridian é o nome dunha serie de satélites de comunicacións militares rusos[1][2]
Características
Os satélite Meridian son satélites de comunicación lanzados para substituír os diferentes modelos de satélites Molniya e modernizar a infraestrutura de comunicacións militares rusa. Son a compoñente altamente elíptica do sistema, xa que foron inxectados en órbitas Molniya con períodos de 12 horas, e traballan conxuntamente con satélites xeoestacionarios Globus-M.[2][1]
Os satélites utilizan un bus presurizado, posiblemente baseado no dos satélites Uragan-M. Cunha masa duns 2000 kg, levan a bordo tres transpondedores traballando en diferentes frecuencias.[2][1]
Lanzáronse sete satélites Meridian entre 2006 e 2014, cun fallo parcial e un fallo total entre eles.[2][1]
Historial de lanzamentos
Misión[1][2]
|
Data de lanzamento[1][2]
|
Foguete lanzador[1][2]
|
Notas[1][2]
|
Meridian 1
|
24 de decembro de 2006
|
Soiuz-2-1a Fregat
|
Éxito
|
Meridian 2
|
21 de maio de 2009
|
Soiuz-2-1a Fregat
|
Fallo parcial
|
Meridian 3
|
2 de novembro de 2010
|
Soiuz-2-1a Fregat-M
|
Éxito
|
Meridian 4
|
4 de maio de 2011
|
Soiuz-2-1a Fregat-M
|
Éxito
|
Meridian 5
|
23 de decembro de 2011
|
Soiuz-2-1b Fregat
|
Fallo
|
Meridian 6
|
14 de novembro de 2012
|
Soiuz-2-1a Fregat-M
|
Éxito
|
Meridian 7
|
30 de outubro de 2014
|
Soiuz-2-1a Fregat-M
|
Éxito
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2020). "Meridian" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Meridian-M (14F112M)" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020.
Véxase tamén
Outros artigos