Mercedes Tunubalá Velasco, máis coñecida como Mamá Mercedes ou Mercedes Tunubalá, nada en Silvia, Cauca, o 17 de novembro de 1974, é unha economista colombiana do pobo misak especializada en Proxectos de Investimento quen o 27 de outubro de 2019 se converteu na primeira muller indíxena en ser elixida alcaldesa de Silvia, Cauca. Comparte coa indíxena u'wa Aura Benilda Tegría Cristancho a honra de seren as dúas primeiras mulleres indíxenas alcaldesas elixidas popularmente en Colombia.
Traxectoria
Mamá Mercedes naceu na Vereda Campana do concello de Silvia (leste do Cauca) no seo do pobo misak, filla de "Mamá Julia" e "Taita Manuel".[1]
Estudos
Estudou Economía na Universidade del Valle[2] e especializouse en Proxectos de Investimento na Seccional Cali da Universidade Libre (Colombia).
Primeira alcaldesa misak
Mercedes Tunubalá foi elixida alcaldesa de Silvia, Cauca polo Movemento Autoridades Indíxenas de Colombia, Aico, o 27 de outubro de 2019. A súa campaña denominouse "Muller fiando goberno para a vida".
Notas