Melanthius (cráter)

Accidente xeográfico extraterrestreMelanthius

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
TipoCráter de impacto Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoTetis Editar o valor en Wikidata
EpónimoMelanthius (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas58°30′S 192°37′L / -58.5, 192.61 Editar o valor en Wikidata
Diámetro250 km Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa topográfico de Tetis. Proxección equirectangular. Área representada: 90°N-90°S; 180°W-180°E.
Identificadores
GoPN3811 Editar o valor en Wikidata

Melanthius é o un prominente cráter de impacto da lúa de Saturno, Tetis. Ten case 250 km de diámetro, situado nas coordenadas 58,5° S 192,6° O, sendo só máis grandes (en Tetis) os cráteres Odiseo e Telemus[1]. O seu nome procede de Melanthius, un cabreiro desleal có heroe Odiseo da mitoloxía grega que aparece na Odisea[2].

A principal característica deste cráter é que ten un destacable grupo de picos centrais[3], ademais dunha marcada diferenza case a xeito de fronteira definida, na densidade de cráteres que existen na parte occidental do cráter (á esquerda da imaxe da caixa de información, amplíese a imaxe) en comparación o resto do territorio que rodea ó cráter[3].

Notas

  1. USGS Astrogeology (ed.). "Tethys Nomenclature: Crater, craters". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 09-05-2010. 
  2. USGS Astrogeology (ed.). "Tethys: Melanthius". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 08-05-2010. 
  3. 3,0 3,1 "Toward Melanthius". 29-08-2006. Arquivado dende o orixinal o 27-03-2010. Consultado o 09-05-2010. 

Véxase tamén

Outros artigos