O meimendro (Hyoscyamus niger), coñecido tamén como arangaño, beleño, cardo velliño e herba dos areixos ou dos arengos, é unha planta arbustiva da familia das solanáceas orixinaria de Eurasia na actualidade distribúese por todo o mundo, medra nas gabias e nas depresións pedregosas, pode chegar ao metro de altura, as súas follas son anchas e peludas e as flores amarelas ou vermellas. Os seus froitos son tóxicos provocando alucinacións.
É unha herba das Meigas, dende sempre foi empregada na meiguería para entrar en transo e viaxar a outros mundos, así coma o aquelarre. A herba contén alcaloides velenosos e alucinóxenos como a hiosciamina e a escopolamina.