A Medina de Fez (en árabe, فاس البالي) é a parte máis vella desta cidade de Marrocos, que corresponde á súa zona amurallada. Foi fundada polo idrísida Idris II ben Alí no ano 809, e é fogar da universidade máis antiga do mundo. Tamén é chamada Fes el Bali para distinguila da outra medina da cidade, Fes Jdid, construída polos merínides no 1276.
Alcanzou o seu apoxeo nos séculos XIII e XIV, baixo o control dos merínidos, cando substituíu a Marrakech como capital do reino. A planificación urbana e a maioría dos monumentos (madrasa, caravasar, palacios, residencias, mesquitas e fontes) datan deste período. Aínda que a capital política de Marrocos mudouse a Rabat en 1912, Fez segue sendo a súa capital cultural e espiritual.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1981.
Véxase tamén
Ligazóns externas