Mazaricos, Mazaricos

Mazaricos
Igrexa de San Xoán de Mazaricos.
ConcelloMazaricos[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°56′25″N 8°59′11″O / 42.94033366, -8.986448712
Poboación577 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán de Mazaricos é unha parroquia do concello de Mazaricos. Segundo o IGE en 2018 tiña 577 habitantes (292 mulleres e 285 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 738 habitantes.

Patrimonio

No 2009 fixéronse obras de rehabilitación na igrexa de San Xoán de Mazaricos. Durante as obras, promovidas polo arcebispo de Santiago, apareceron os restos dun antigo templo baixo o chan do edificio. O arqueólogo Ángel Concheiro, que acudiu a inspeccionar os achados, concluíu que a antiga construción data do século IX ou X[2]. Os restos consistían en muros de metro e medio de ancho, pertencentes a unha construción de planta basílica con cabeza cadrada. Decidiuse manter as paredes no seu lugar natural, aínda que estivesen cubertas cun material xeotéxtil.[3].

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. "Hallan en Mazaricos los restos del antiguo templo". El Correo Gallego. 24 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  3. "Hallazgo con historia en una iglesia de Mazaricos". La Voz de Galicia. 26 de xaneiro de 2017. 

Lugares e parroquias

Lugares de Mazaricos

Lugares da parroquia de Mazaricos no concello de Mazaricos (A Coruña)

Atán | Insua | Lago | Mazaricos | A Picaraña | A Picota | Pidre | Serráns | Ventín

Parroquias de Mazaricos

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mazaricos

Alborés (San Mamede) | Antes (San Cosme) | Arcos (Santiago) | Beba (San Xián) | Chacín (Santa Baia) | Coiro (Santa María) | Colúns (San Salvador) | Corzón (San Cristovo) | As Maroñas (Santa Mariña) | Mazaricos (San Xoán) | San Fins de Eirón (San Fins) | Os Vaos (San Tomé)

Véxase tamén

Outros artigos