Maximino Montero Barreiro, nado en Zas en 1883 e finado no mesmo concello o 12 de xaneiro de 1970,[1] foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Manuel Montero Torreiro. Foi nomeado alcalde de Zas en 1914 sucedendo ao seu pai. Mantívose no cargo ata a ditadura de Primo de Rivera. Coa II República foi elixido alcalde o 21 de marzo de 1931, permanecendo no cargo até o 21 de febreiro de 1936, cando foi destituído logo do triunfo da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado novamente alcalde o 20 de outubro de 1936, permanecendo no cargo até o 30 de setembro de 1959. Volveu ser alcalde do 5 de febreiro de 1961 ao 8 de xaneiro de 1968.[2]
Vida persoal
Casou con Manuela Romero Muñiz e foi pai de Maximino Manuel Montero Romero.
Notas