Maximino Matalobos Loureiro, nado en Cereixo (A Estrada) e finado en Cuba, foi un político xornalista galego.
Traxectoria
Emigrou a Cuba. Membro das Sociedade Hijos del Ayuntamiento de la Estrada en Cuba, da que chegou a ser presidente en 1924,[1] e Unión de Visneiro e Cereijo. Foi redactor de Galicia.[2] Membro das Irmandades da Fala. Retornou a Galicia e foi directivo do Centro de Emigrados da Estrada. Xunto co seu irmán Albino e José Otero Abelleira fundaron El Emigrado en 1920. Volveu marchar a Cuba en 1922.[3] Foi presidenta da Agrupación Artística Gallega. Retornou á Estrada coa República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu a Cuba. Participou no I Congreso da Emigración Galega (1956) como representante de Cuba.
Vida persoal
Casou con Efigenia González, e foi pai de Serafina, Ofelia, Raúl e Maximino Matalobos González.
Notas
- ↑ Galicia, 29-6-1924, p. 13.
- ↑ Galicia, 19-6-1915, p. 13.
- ↑ Galicia, 25-3-1922, p. 15.
Véxase tamén
Ligazóns externas