Mauro Triana López, nado na Coruña o 17 de decembro de 1995, é un atleta galego especializado en carreiras de velocidade. Ten os récords de Galicia en 100 metros lisos (10.46) e 200 metros lisos (20.93).
Traxectoria
Adestra no club Playas de Castellón baixo a dirección de Jose Carlos Tunias.[1]
En 2015, converteuse no medallista de bronce do campionato de España na proba de 200 metros cunha marca persoal de 21.23. Debutou internacionalmente no Campionato do Mediterráneo de 2016, onde quedou terceiro na proba de 200 metros e na carreira de remudas de 4 × 100 metros.
Competiu nas remudas de 4 × 100 metros no Campionato de Europa de 2016, onde os españois estiveron a 0,03 segundos de chegar á final.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos