Mauro Rodríguez Cuesta, nado en Vigo o 15 de xaneiro de 1932, é un exfutbolista galego, que xogaba nas demarcacións de dianteiro e de volante.
Traxectoria
Comezou xogando en equipos pequenos da cidade olívica pero enseguida se fixou nel o Celta de Vigo de onde marchou cedido dúas tempadas á Ponferradina e ao Avilés, onde conseguiu o Trofeo Pichichi de Segunda División Española.
Debutou no primeiro equipo o 27 de setembro de 1953 con ante o Deportivo da Coruña, que remataría con vitoria celeste por 3-1, esta primeira tempada xogaría 6 partidos marcando 2 goles fronte ao Osasuna.
Co Celta chegaría a vivir momentos importantes e a marcar goles fundamentais da historia celeste, como o gol marcado ao Valencia Club de Fútbol na penúltima xornada da tempada 1954-1955, ou a polémica sobre o gañador do Trofeo Pichichi entre el e Alfredo Di Stéfano, sendo oficialmente gañador non sen moita controversia.
Tras recibir moitas ofertar polo xogador o Celta acaba vendendo a Mauro ao Real Zaragoza tras 5 tempadas nas que marcou a impresionante cantidade de 69 goles, 2 goles cada 3 partidos. Co Zaragoza aínda xogaría dous anos máis na máxima categoría.
Equipos en primeira división
Véxase tamén
Ligazóns externas