Mauritia é un xénero con dúas especies de plantas con flores pertencente á familia das palmeiras (Arecaceae).
É orixinaria do norte de América do Sur. Mauritia flexuosa está amplamente distribuída e esténdese desde o norte de América do Sur até Trindade, mentres que a outra Mauritia carana limítase á rexión do Amazonas.[1]
Taxonomía
O xénero foi descrito por Carlos Linneo o Mozo e publicado en Supplementum Plantarum 70, 454. 1781[1782].[2]
Mauritia: nome xenérico que foi outorgado en honra do conde João Mauricio de Nassau (1604-1679), alcumado o brasileiro, que foi gobernador da Compañía Neerlandesa das Indias Occidentais no Brasil.[3]
Especies
- Mauritia carana
- Mauritia flexuosa
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas