Maud de Northumbria (1074-1130), condesa de Huntingdon, filla de Watheof II de Northumbria e Xudite de Lens, herdou o título do condado de Huntingdon do seu pai e casou dúas veces.
A súa nai, Xudite, rexeitara casar con Simón I de Saint Liz, conde de Northampton. Este rexeitamento enfureceu ao seu tío, o rei Guillerme I de Inglaterra que ordenou a confiscación das propiedades de Judith logo que ela marchara do país. Maud aceptou coller o lugar da súa nai e casou con Simon de Saint Liz no 1090. Entre os fillos que tivo con el salientan:
- Maud de Saint Liz, casada con Robert FitzRichard e despois con Saer I de Quincy.
- Simón II de Saint Liz, conde de Huntingdon e Northampton.
- San Walteof de Saint Liz (1100 – 1159 ou 1160).
O seu primeiro marido morreu en 1109 e Max casou entón co rei David I de Escocia no ano 1113. Deste matrimonio naceu un fillo, Henrique de Escocia.