Matti Ensio Nykänen, nado o 17 de xullo de 1963, é un antigo saltador de esquí finés.
Biografía
Nykänen naceu na localidade de Jyväskylä. En 1981 conseguiu o seu primeiro campionato e ó ano seguinte o seu primeiro título mundial nos Campionatos de Europa de Esquí Nórdico. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 acadou a medalla de ouro en gran trampolín e a de prata no trampolín pequeno. Pero a súa grande actuación vai ser nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 conseguindo as tres medallas de ouro da disciplina, os dous títulos individuais e o novo título por equipos. Segue a competir na categoría de veteranos, e o 28 de febreiro de 2008 gañou o Campionato Internacional de Veteranos[1].
Na súa vida persoal viuse envolto en diversos escándalos, chegando mesmo a estar en prisión en 2004 por homicidio. Despois de deixar a alta competición dedicouse profesionalmente á canción, editando tres álbums.
Notas