María del Carmen Bugallal

Modelo:BiografíaMaría del Carmen Bugallal
Biografía
NacementoPonteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 1968 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Fernández Barrón Editar o valor en Wikidata
FillosJosé Ramón Fernández-Bugallal Editar o valor en Wikidata
PaiGabino Bugallal Editar o valor en Wikidata
IrmánsMatilde Bugallal Editar o valor en Wikidata

María del Carmen Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido, nada en Ponteareas e finada en Madrid o 10 de decembro de 1968, foi a cuarta condesa de Bugallal.

Traxectoria

En realidade, era Rodríguez unicamente, pero usou alternativamente o apelido do seu avó Federico Rodríguez Fajardo, descendentes de Alonso Fajardo, quen fora alcalde de Santiago de Compostela a comezos do século XVIII, e o Araujo, que tamén se perdera nos seus devanceiros. Filla do presidente do goberno de España, Gabino Bugallal, casou en 1916 con Manuel Fernández Barrón, un político conservador galego, que acabaría sendo deputado.

Herdou o título de condesa en 1932, ao morrer prematuramente a súa irmá máis vella, Matilde Bugallal.

Tivo cinco fillos, dos que o maior, José Ramón Fernández-Bugallal, herdou o condado ao seu falecemento.