María das Dores Arribe Dopico

Modelo:BiografíaMaría das Dores Arribe Dopico
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de outubro de 2016 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, mestra, escritora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX838238


María das Dores Arribe Dopico, coñecida como Lola Arribe, nada en Ferrol o 16 de febreiro de 1938 e finada na mesma cidade o 23 de outubro de 2016, foi unha docente, política e escritora galega reintegracionista.[1]

Traxectoria

Foi filla de Enrique Arribe, traballador de Bazán e cenetista, e Flora Dopico, costureira. Entre 1953 e 1956 estivo exiliada en Francia co seus pais e tres irmáns.

Cos coñecementos de francés adquiridos no exilio, exerceu de profesora de francés no ensino privado. Non foi ata comezos dos 80 cando obtivo o título no Ciclo Superior en Lingua Galega na Escola de Idiomas da Coruña, se ben toda a súa vida se formou de xeito autodidacta.

A publicación de tres libros de texto de lingua galega para EXB na normativa de mínimos (prologados por Lois Barros Díaz) fixo que a Xunta de Galicia non os aprobase para o ensino, tras mudar a normativa e negarse ela a facer os cambios para a adaptación. Foi discípula e amiga de Ricardo Carvalho Calero, así como cofundadora de AGAL, coa que participou en Congresos Internacionais da Lingua Galego-Portuguesa, e tamén foi integrante do Consello Asesor da revista Agália.

En política, foi dirixente do PSG, mantendo tamén actividade relacionada coa Igrexa, e, en ambos casos, a prol da lingua galega. Presentouse na candidatura con Manuel Beiras nas eleccións Xerais de España de 1977, e na candidatura do Bloque-PSG con Francisco Rodríguez no 1982.

Obras e citas

  • Maria do Sol Veiga Aneiros / Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega E. X. B. (ciclo inicial). Ed. Everest 1982[2]
  • Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 3º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983
  • Maria Dores Arribe Dopico: Língua Galega 4º E. X. B. (ciclo medio). Ed. Everest 1983
  • Colaboración en Letras Galegas 1984
  • Poema “Um homem, uma língua, uma pátria”, 1987, na revista portuguesa O Ensino, número especial adicado a Carballo Calero.
  • Presenza na VIII Conferencia da Asociación Americana de Juristas[3]
  • VILAMOR, J. (2/1977). O Ferrol: Siquiatras pola liberación. Teima 8, p. 14.

Notas