María Mondelo Rodríguez, nada en Vilanuíde (Quiroga) cara a 1897, foi unha modista e política galega.[1]
Traxectoria
Modista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida no cárcere de Monforte de Lemos o 28 de abril de 1937. Foi xulgada en consello de guerra en Lugo o 28 de xuño de 1937 acusada de excitación á rebelión e condenada a seis anos e un día de prisión maior.[1][2] O 20 de febreiro de 1938 foi trasladada á prisión de mulleres de Guipúscoa.[2] En 1937 abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi sancionada en 1941 con 100 pesetas e embargados uns bens cun valor inferior ás 1.000 pesetas.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "María Mondelo Rodríguez - Nomes e Voces". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 2024-11-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Expediente procesual de María Mondelo Rodríguez". Consultado o 2024-11-24.
Véxase tamén
Ligazóns externas