María Martínez Allegue, nada en Pontevedra en 1978, é unha avogada e política galega.
Traxectoria
Licenciada en Dereito. Traballou como secretaria ou tesoureira nos concellos de Marín, Mos, Tui e Lousame. Foi directora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). Foi xefe provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Pontevedra. Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024 presentouse no posto 3 da candidatura pola Pontevedra[1] e foi elixida deputada.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas