María Marco Covelo

Modelo:BiografíaMaría Marco Covelo
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor en Wikidata (45/46 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade de Vigo
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, comisaria de arte Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Facebook: maria.marco.79 Twitter: mariamarco__ BNE: XX5079200 Dialnet: 4946440 Editar o valor en Wikidata

María Marco Covelo, nada en Vigo en 1979, é unha comisaria de arte e escritora galega.

Traxectoria

É licenciada en Belas Artes na Universidade de Barcelona, doutora en Belas Artes na Universidade de Vigo e Mestrado Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas na Universidade de Santiago de Compostela.

Foi colaboradora de El Cultural (en 2024 xefa de sección de Arte), da revista Tempos Novos e de Dot Galicia e está ligada ao mundo das artes plásticas[1] como crítica e comisaria de arte contemporánea.

Obra

Novela

Ensaio

  • Tigres en magnolias: A maxia como transformación na arte contemporánea (2021). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Centro Galego de Arte Contemporánea. ISBN 978-84-453-5403-2.[2]

Premios

En 2019 foi galardoada co II Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea.[3]

En 2020 gañou o Premio Xerais de Novela coa obra Coidadora, na que se trata o tema das coidadoras de persoas.[4][5] Segundo o xurado trata "un tema de actualidade, e faino desde a perspectiva de alguén que coñece ben esa profesión, de maneira que é quen de meternos na pel das persoas que o desempeñan, facéndonos partícipe da angustia que, en ocasións, provoca este traballo".[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas