María Isabel Vaquero Quintela, nada en Ourense en 1967, é unha activista da normalización lingüística do galego.
Traxectoria
Licenciouse en 1991 en Filoloxía Hispánica na subsección Galego-Portugués, na Universidade de Santiago de Compostela.
Traballa como técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 e desde 2000 é a responsable da súa Área de Dinamización. Foi membro fundadora da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. É concelleira de Normalización Lingüística e Comunicación do Concello de Ames.[1]
Obra
- Pronomes e cláusulas de relativo na prosa medieval galego-portuguesa (Memoria de licenciatura).
- Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución.
Coautora de:
- Léxico panlatino de Internet: (catalán-español-francés-galego-italiano-portugués-romanés)
- Da periferia á Rede. Internet en Galicia: lingua e contidos.
Notas