María Isabel Medina Méndez

Modelo:BiografíaMaría Isabel Medina Méndez
Biografía
Nacemento1966 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Investigacións Mariñas de Vigo (1991–) Editar o valor en Wikidata

BUSC: medina-mendez-maria-isabel-1966

María Isabel Medina Méndez, nada en Vigo en 1966, é profesora de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo, e coordinadora da área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do CSIC.[1]

Traxectoria

Isabel Medina licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989 e doutorouse no mesmo centro en 1994. Desenvolveu a súa tese no IIM, centrándoa no eido da química dos alimentos de orixe mariña. Tamén formouse en diferentes universidades internacionais ao abeiro das súas estadías postdoutorais: nos Estados Unidos, en Italia e no Reino Unido.[2]

En 2021 ingresou como académica numeraria da Real Academia Galega das Ciencias na Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde.[3]

Notas

  1. Redacción (2017-01-27). "Isabel Medina, nomeada coordinadora de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do CSIC". GCiencia. Consultado o 2022-02-12. 
  2. Redacción (2021-11-04). "A viguesa Isabel Medina, nova académica da RAGC". GCiencia. Consultado o 2022-02-12. 
  3. Vigo, Diario de (2021-11-11). "Isabel Medina, ingresa na RACG pola súa contribución investigadora". Diario de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-02-12.