María Giménez

Modelo:BiografíaMaría Giménez
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia - Doutora en filosofía (2002–2006)
Universidade de Valencia (2000–2002)
Universidade de Valencia - Mestrado en ciencias (–2000) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Nottingham
Universidade de Valencia Editar o valor en Wikidata

María del Carmen Giménez-López, nada en Valencia en 1978,[1] é Investigadora Principal no CIQUS e “Honorary Associate Professor” na Universidade de Nottingham. Ten o apoio dunha ERC Starting Grant e un contrato Ramón y Cajal na Universidade de Santiago de Compostela onde coordina un grupo internacional de investigación estratéxica sobre Materia Condensada e Materiais Funcionais (MAT2).[2][3]

Traxectoria

María Giménez é doutora en Química Inorgánica pola Universidade de Valencia. Realizou unha estancia posdoutoral en Nottingham, tras a que obtivo unha axuda Marie Curie de dous anos. [4] Foi beneficiaria dunha das axudas Dorothy Hodgkin Fellowship que concede a Royal Society.[1] En 2015 converteuse en profesora asistente en Química de Materiais na universidade de Nottingham.[5] En 2018 incorporouse a Universidade de Santiago de Compostela onde desenvolve o seu labor investigador.

Realizou estudos punteros en química de materiais que involucran materiais magnéticos conmutables, sistemas supramoleculares baseados en superficies e máis recentemente nanocarbonos híbridos funcionais. A investigación no seu grupo céntrase no desenrolo e a caracterización funcional de nanoestructuras híbridas metal-carbono para espintrónica e aplicacións relacionadas coa enerxía.[2] Recentemente participou no descubremento dun novo tipo de líquido.[5]

Premios e recoñecementos

  • Premio al Investigador Emergente 2012 da Real Sociedad Española de Química.
  • Finalista do Premio talento emergente SRUK / CERU 2016/2017.
  • Seleccionada pola Real Sociedad Española de Química para representar a España no Young Investigator 2018 (YIW2018).[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 "María Giménez: «En el Ciqus tengo la oportunidad de trabajar con investigadores de primera»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-02-25. Consultado o 2021-02-20. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Giménez López, María del Carmen". Agencia Estatal de Investigación. Arquivado dende o orixinal o 15-03-2021. Consultado o 20-2-2021. 
  3. Redacción (2021-01-07). "Novo pulo para a ciencia de vangarda no CiQUS de Santiago". GCiencia. Consultado o 2021-02-20. 
  4. Redacción (2018-02-01). "O prestixio internacional do CiQUS de Santiago atrae unha nova Starting Grant". GCiencia. Consultado o 2021-02-20. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (2021-02-18). "Científicos do CiQUS de Santiago descobren un novo tipo de líquido". GCiencia. Consultado o 2021-02-20. 

Véxase tamén

Ligazóns externas