María Campos, nada no ano 1960 en San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade, é unha humorista, contacontos e actriz galega de teatro e televisión[1].
Traxectoria
Ao longo da súa traxectoria como actriz traballou de contacontos, facendo espectáculos teatrais e obradoiros de expresión dramática[1]. Tamén participou en series de televisión como Avenida de América ou A vida por diante. Porén, fíxose principalmente coñecida en Galiza por interpretar o personaxe da señora de Palmírez no programa da Televisión de Galicia Luar, a través da cal fai parodia dos prexuízos sobre o galego e o clasismo.
Ademais, forma parte parte da compañía pontevedresa Migallas Teatro, que foi constituída como compañía profesional no ano 1996[2]. Nela editou un libro-disco, un libro e dous discos xunto con Carlos Yus.
Filmografía
Televisión
Discografía
Obras colectivas
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas