Aos dous anos de idade foi diagnosticado con síndrome de Proteus no Hospital de la Paz, en Madrid. Con 14 anos acumulou un total de 16 operacións, incluíndo a amputación do pé esquerdo.
Con apenas 14 anos conseguiu o seu primeiro Campionato de España, e nas seguintes temporadas conseguiu tres veces consecutivas o Campionato do Mundo sub 18.
No ano 2016 acudiu aos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro, sendo o deportista máis mozo da súa modalidade, con tan só 17 anos e acadando un Diploma Paralímpico. Tamén participou nos Xogos de Toquio de 2020.
En 2022 posicionouse como número 1 da clasificación mundial de tenis en cadeira de rodas, na categoría de dobres, tras conseguir o seu primeiro Gran Slam, o Open dos Estados Unidos e a Copa de Mestres en categoría de dobres.
Graduouse no ano 2023 en Administración e Dirección de Empresas.
Palmarés
N.º10 na clasificación mundial en 2021
Diploma Olímpico nos Xogos de Río de Xaneiro 2016 e Toquio 2020
Campión de 5 torneos internacionais ITF en 2019 e 2021
Campión de España Absoluto en 2014, 2016, 2017 e 2019