Martín Rodríguez Garaboa, nado na Coruña o 17 de agosto de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego, que xoga de porteiro no Noisy-le-Grand da liga francesa.
Traxectoria
Formouse na canteira do HC Liceo, e cando era xuvenil marchou ao CP Cerceda con Juan Copa e outros xogadores do Liceo.[1] Co Cerceda debutou en Primeira Nacional e logo na OK Liga, tras o ascenso da tempada 2012/13. Coincidindo coa desaparición do Cerceda, no verán de 2016 fichou polo CP Alcobendas.[2] Despois dunha tempada no club madrileño volveu ao Liceo en 2017.[3]
No equipo coruñés foi o segundo porteiro por detrás de Xavier Malián primeiro e Carles Grau despois, acabando subcampión da OK Liga tres tempadas seguidas e gañando a Supercopa de España 2018-19. En 2021 proclamouse campión da Copa do Rei e na seguinte tempada gañou a OK Liga, a oitava na historia do club.
No verán de 2022 deixou A Coruña para instalarse en Francia, fichando polo Noisy-le-Grand.[4]
Palmarés
HC Liceo
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas