Martín Ernesto Payero López, nado en San Juan o 9 de setembro de 1977,[1] é un xogador de hóckey a patíns arxentino-angolano que xoga como dianteiro no A.C. Ordes de Ordes, da OK Liga Prata, e no Académica de Luanda, da liga angolana.
Foi internacional coa selección arxentina, coa que se proclamou subcampión do mundo en 2005 e dende a súa nacionalización en 2013 xoga coa selección de Angola. Disputou un total de sete Campionatos do Mundo entre as dúas seleccións.
Traxectoria
Formouse como xogador de hóckey nos clubs Loma Negra e Unión Vecinal de Trinidad, da súa cidade natal, antes de chegar á Coruña en 1998 para xogar no filial do HC Liceo.[2]
Na tempada 1999/00 comezou a alternar partidos do filial cos do primeiro equipo e o 1 de abril de 2000 marcou o seu primeiro gol na máxima categoría do hóckey español, nunha vitoria por 6-1 fronte ao Reus.[3] Na 2000/01 converteuse en xogador do cadro do primeiro equipo, asinando un contrato por dous anos, despois de ter marcado 23 goles co filial a tempada pasada.[4] O equipo rematou subcampión de Europa, con 13 goles de Payero na competición continental. Na tempada 2001/02 foi o segundo máximo goleador da liga con 38 goles, dous menos que Gaby Cairo.[5] Tras non chegar a un acordo co Liceo para a renovación marchou a Portugal, fichando polo OC Barcelos.[6]
Co club de Barcelos gañou dúas Copas de Portugal consecutivas e logrou dous subcampionatos de liga por detrás do FC Porto, ademais de conquistar dúas Supercopas. Na Copa de Europa 2003/04 anotou catro goles nas dúas vitorias fronte ao Liceo, o seu ex equipo, meténdose nas semifinais e deixando fóra ao club galego.[7][8] Na tempada 2004/05 anotou 31 goles no Campionato Nacional.[9]
Tras a chegada de Eduardo Lamas á presidencia do Liceo, este tentou incorporar de novo ao arxentino ao equipo coruñés, feito que se materializou en xaneiro de 2006.[10][11] A súa volta ao Liceo coincidiu cunha das peores etapas deportivas do Liceo, con malos resultados en liga e con varios anos sen gañar ningún título, unha mala xeira que acabou na tempada 2009/10 coa conquista da Copa CERS e o subcampionato de liga. Anotou máis de 100 goles na súa segunda etapa no Liceo.[9]
Para a tempada 2010/11 foi cedido ao Borbolla, pero non chegou a debutar por un desacordo do club de Monte Alto co Liceo, que impediu que xogase a pesar de que a Federación tiña tramitada a súa ficha co Borbolla.[12][13] Tamén en 2010 comezou a militar no Académica de Luanda en Angola,[14] club no que xoga dende entón de xeito simultáneo aos equipos galegos,[15][16] e co que leva gañadas seis ligas angolanas (en 2010, 2012, 2013, 2017, 2018 e 2018/19), cinco Copas de Angola (en 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019) e sete Supercopas (en 2010, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019).
Na tempada 2011/12 xogou no A.C. Ordes, na súa primeira tempada na Primeira División (segunda categoría do hóckey), onde marcou 18 goles e logrou a permanencia, pero o club acabou por renunciar a xogar en dita categoría máis tempadas por falta de orzamento.[17]
En 2012 fichou polo CP Cerceda adestrado por Juan Copa,[18] co que logrou o ascenso á OK Liga esa mesma tempada, sendo o máximo goleador do campionato de Primeira División con 36 goles.[9] Na tempada 2014/15 marcou 33 goles en só 18 partidos.[19] Xogou no equipo cercedense ata a súa desaparición en 2016, chegando a disputar dúas edicións da Copa CERS, e converténdose no máximo goleador da curta historia do club, con 116 tantos.[9]
En xaneiro de 2017 volveu ao Liceo, onde xogou ata 2019, obtendo dous novos subcampionatos de liga.[20]
En outubro de 2019, aos 42 anos de idade, fichou polo AA Dominicos, da OK Liga Prata, co que debutou despois de rematar a tempada en Angola, onde conquistou o seu sexto título de liga co Académica..[21][22] Xogou 8 partidos na súa primeira tempada no club da Cidade Vella da Coruña, marcando 6 goles.[9] Xa na tempada 2020/21 os seus números incrementáronse ata os 24 goles en 20 partidos, mentres que na seguinte marcou 8 tantos en 13 partidos de liga.
De cara a temporada 2023-24 fichou polo A.C. Ordes de Ordes, equipo recién ascendido á OK Liga Prata e no que Payero xa militara na tempada 2011-2012. O A.C. Ordes xogará na mesma categoría que o AA Dominicos, equipo no que militara nas últimas 4 tempadas.
Selección nacional
Arxentina
En 2001 disputou coa selección da Arxentina a Copa das Nacións de Montreux, rematando en cuarta posición e en 2003 disputou o seu primeiro Campionato do Mundo, onde a selección arxentina rematou tamén cuarta, con Payero como terceiro máximo goleador do campionato con 11 goles. Na seguinte cita mundial, en 2005, anotou 6 goles, acabando o seu equipo subcampión do mundo.[23]
Angola
En 2013 o Parlamento de Angola debateu a súa solicitude de nacionalización, aprobándoa con 143 votos a favor e ningún en contra.[24][25] Debutou coa selección angolana en agosto dese mesmo ano no Torneo José Eduardo dos Santos.[26] Disputou o Campionato do Mundo de 2013 celebrado en Angola, onde o seu equipo caeu eliminado na fase de grupos. Dous anos despois quedou cuarto co combinado angolano na Copa das Nacións de Montreux 2015 e disputou o Campionato do Mundo 2015, onde acabou como terceiro máximo goleador, con 10 goles. No Mundial de 2017 enfrontouse en cuartos de final á Arxentina, a súa antiga selección, caendo eliminado o equipo angolano na prórroga.
En 2019, con 41 anos, disputou o seu sexto Campionato do Mundo, onde Angola acabou sexta. Tamén participou ese ano na Copa das Nacións, cunha cuarta posición final, e conquistou a primeira edición do Campionato Africano.[27] En 2022 participou aos seus 45 anos no seu sétimo Mundial, repetindo con Angola o sexto posto da edición anterior.
Equipos
Palmarés
HC Liceo
OC Barcelos
Académica de Luanda
- 1 Campionato Africano de Clubs: 2010.
- 6 Campionatos Nacionais de Angola: 2010, 2012, 2013, 2017, 2018, 2018/19.[1]
- 5 Copas de Angola de hóckey a patíns: 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
- 7 Supercopas de Angola: 2010, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019.
Selección de Angola
Notas
- ↑ 1,0 1,1 MundoOk (ed.). "Martín Payero" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 14 de agosto de 2019.
- ↑ Varela, María (14 de baril de 2016). "La eterna juventud de Martín Payero". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ Ferreiro, M. (2 de abril de 2000). "El Liceo golea al Reus y se afianza en la segunda plaza". La Voz de Galicia (en castelán). p. 62.
- ↑ Perulero, Julia (15 de agosto de 2000). "El filial del Liceo arranca la pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán). p. 37.
- ↑ "Reus será el rival del Barça". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de maio de 2002. p. 39. Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo precisa ganar para depender de sí mismo". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 13 de abril de 2002. p. 33.
- ↑ "Martín Payero fulmina al Liceo en Barcelos". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de febreiro de 2004. p. 47.
- ↑ "Payero apea al Liceo de la final a cuatro europea". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 21 de marzo de 2004. p. 40.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 "Martin Payero Lopez". rinkhockey.net (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo anuncia el regreso de Payero antes de ficharlo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de novembro de 2005. p. 42.
- ↑ "Payero vuelve «con ganas de ver al Liceo arriba»". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 2006. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo impide al Borbolla que alinee a Martín Payero después de haber autorizado su cesión". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ Varela, María (23 de novembro de 2010). "El Liceo frena la cesión de Martín Payero al Borbolla". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Académica de Luanda reforçada" (en portugués). 6 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El Patín Cerceda recibe esta noche al Mataró en la jornada de la OK Liga". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "El penúltimo tango de Payero". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ "El AC Órdenes renuncia a jugar en Primera por falta de dinero". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2019.
- ↑ "“Me gustaría volver a jugar en OK Liga” Martín Payero (Jugador argentino del Patín Cerceda)" (en castelán). 22 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2022. Consultado o 23 de novembro de 2022.
- ↑ "El argentino Martín Payero, el gran ausente". La Opinión A Coruña (en castelán). 27 de outubro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Payero vuelve al Liceo casi siete años después". DxT Campeón (en castelán). 13 de xaneiro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Veteranía para guiar a la cantera". La Opinión A Coruña (en castelán). 16 de outubro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Hóquei em patins: Académica de Luanda revalida título angolano no prolongamento" (en portugués). 25 de novembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "España logra su duodécimo título mundial". El Mundo (en castelán). 15 de agosto de 2005. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Nacionalização de Reggie Moore em debate no parlamento" (en portugués). 5 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Payero confirmado para o Mundial em setembro" (en castelán). 19 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Martin Payero estreia-se com empate na selecção" (en portugués). 11 de agosto de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Angola é campeã africana e vai ao Mundial" (en portugués). 10 de marzo de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2020.
Véxase tamén