Martín Estévez Vega, nado en Vilariño de Conso cara a 1906 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1941, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Xornaleiro de San Mamede de Hedrada. Membro dun grupo guerrilleiro da provincia de Ourense. Foi detido en agosto de 1941. Encartado na Causa 606/1941 por rebelión, foi xulgado en Ourense en consello de guerra o 16 de setembro xunto con Avelino Rodríguez Rodríguez, José Toro Martínez, Benjamín Sierra Fernández, Antonio Parada Calvo e José María Albar González, acusados de atraco a man armada en San Mamede de Hedrada en agosto. Condenados á pena de morte, foron executados en Ourense o 11 de outubro de 1941.[1][2]
Notas
- ↑ El Ideal Gallego, 12-10-1941, p. 3.
- ↑ La Región, 15-10-1941, p. 2.
Véxase tamén
Ligazóns externas