Martín Conde Gómez

Modelo:BiografíaMartín Conde Gómez
Biografía
Nacemento25 de marzo de 2003 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata

Martín Conde Gómez, nado en Ourense o 25 de marzo de 2003, tamén coñecido como Tincho, é un futbolista galego. Na tempada 2024-25 xoga como lateral esquerdo no Celta Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo.

Traxectoria

Martín Conde comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos, cando o seu pai o inscribiu nas filas da Escola Pavillón de Ourense[1][2]. Con once anos, no seu segundo ano na categoría de alevíns, recalou nas categorías inferiores do Celta.

Após de pasar por todas as categorías inferiores do Celta, debutou co Celta Fortuna o 28 de agosto de 2022 á idade de 19 anos na terceira categoría do fútbol español, a Primeira Federación, nunha derrota por 1 a 2 fronte á UD Sanse[3].

Clubs

Actualizado co último partido disputado o 11 de xaneiro de 2025 .

Club País Ano Partidos Goles
Celta Fortuna Galicia Galicia 2022-act. 66 6

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas