Martín Codax (revista)

Martín Codax
PaísEspaña
Lingualingua castelá
Fundación1935
Primeira edición1935
Última edición1941
Na rede
Galiciana: 2710
editar datos en Wikidata ]

Martín Codax foi unha revista de periodicidade mensual editada en Vigo entre 1935 e 1941 pola Agrupación Martín Codax.

Historia e características

Subtitulada Órgano de esta agrupación, apareceu o 1 de febreiro de 1935. Publicación mensual, estaba dirixida por José Vázquez Fernández, con Jesús Villot Vidal como redactor xefe. Entre os colaboradores figuraron Blas Agra Mancebo, Humberto Cuíñas, Eugenio López Aydillo, José María Pemán e Jaime Solá. Informaba das actividades da Agrupación e publicaba poemas e artigos superficiais sobre cuestións literarias e artísticas. Tiña unha tendencia ultradereitista. Nos últimos anos fíxose cargo da dirección da revista o fundador da Agrupación, o presbítero Emilio Álvarez Martínez. Cesou a súa publicación co número 73, un monográfico dedicado a José Calvo Sotelo, que apareceu o 13 de xullo de 1941.

Véxase tamén

Bibliografía