Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez, nada en Ourense en 1962, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.
Traxectoria
Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo. Foi subdirectora do Complexo Hospitalario de Ourense (2002-2005). Foi concelleira en Ourense (2007-2011). Nas eleccións autonómicas de 2009 presentouse polo PPdeG e foi deputada en 2011 en substitución de Rosendo Luis Fernández Fernández. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixida deputada.
Véxase tamén
Ligazóns externas