Marta G. Franco

Modelo:BiografíaMarta G. Franco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Twitter: teclista Instagram: exteclista Editar o valor en Wikidata

Marta G. Franco, é unha xornalista e activista.

Traxectoria

Defínese como habitante da internet desde 1999.[1]​ Pasou por Indymedia, varios hackmeetings e hacklabs en centros sociais okupados e un intento de rede social libre chamada Lorea/N-1. Participou activamente no 15M.[2] Coordinou a sección de tecnoloxía da periódico Diagonal. E foi mediadora no centro de cultura dixital Medialab-Prado.[3]

Durante o goberno municipal de Manuela Carmena, encargouse das redes sociais do Concello de Madrid,​[4] e da comunicación política.

Co seu labor de activista e profesional trata de que Internet siga sendo un lugar habitable e traballa con organizacións sociais, case sempre co colectivo de investigación e estratexia dixital Laintersección.[5] ​Para ela é importante a memoria histórica colectiva sobre Internet: que foi froito de financiamento público, da comunidade científica, do activismo de base e da colaboración de miles de persoas en moitos lugares. E esixir aos gobernos que invistan en infraestruturas dixitais públicas e software libre.

En 2024 publicou o libro Las redes son nuestras, onde describe o proceso que transformou o axitado microuniverso instalado na internet nun mero elo máis da paisaxe capitalista.[6]


Internet era nosa. Roubáronnola entre quen vive de extraer os nosos datos persoais e quen necesita que se estenda o odio, pero antes todo ese espazo era noso. Contáronnos internet como un exemplo de éxito empresarial para que nos esquezamos do papel de millóns de protagonistas que non adoitan aparecer nos relatos e que son parte fundamental do desenvolvemento das tecnoloxías dixitais[7]

Obra

  • Las redes son nuestras (Consonni, 2024)

Notas

  1. "Marta G. Franco: “Lo que ocurre con la internet actual es que prácticamente no hay espacios públicos en ella”". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-10-11. 
  2. proyecto15Mcc (2012-01-10). "15M.cc - conversación con Marta G.Franco". Consultado o 2024-10-11. 
  3. "Marta G. Franco". Medialab-Matadero Madrid (en castelán). Consultado o 2024-10-11. 
  4. Peiró, Patricia (2015-07-18). "Quéjese en 140 caracteres". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2024-10-11. 
  5. "Quiénes somos - Conoce al equipo de La Intersección". Laintersección (en castelán). Consultado o 2024-10-11. 
  6. César (2024-06-27). "Marta G. Franco: «Si queremos transformaciones radicales, tenemos que crear nuestros propios espacios digitales»". Tercera Información (en castelán). Consultado o 2024-07-02. 
  7. "Las redes son nuestras". www.consonni.org. Consultado o 2024-07-02.