A marmota bobak ou marmota das estepas é unha especie de roedor esciuromorfo da familia Sciuridae que habita nas estepas de Ucraína, Rusia e Asia Central. O seu nome procede de baibak, palabra pola que se coñece no seu lugar de orixe.
Distribución
É a única marmota presente en Europa canda a marmota alpina (Marmota marmota). Antano amplamente difundida (chegando até Siberia oriental e os límites de Manchuria), hoxe en día áchase reducida a distintas poboacións illadas en zonas protexidas, froito do intenso arrasamento do seu hábitat natural e da caza indiscriminada. Habita tanto en zonas chás como nas cordilleiras dos Urais, o Hindu Kush e o Himalaia, e a meseta do Tíbet.
Características
É unha especie de pequeno tamaño e formas máis gráciles que as das outras marmotas. O corpo mide 58 centímetros aos que se lle engaden 14,5 cm da cola. A pelaxe é curta e de cor terra, para camuflarse no medio.
Historia natural
Trátase dun animal social que vive en grupos familiares. Estes habitan nun tobo usado durante xeracións, que pode chegar a medir 100 metros de lonxitude e ter até tres entradas distintas, co fin de acceder rapidamente á seguridade do seu interior se aparece algunha ameaza nas zonas circundantes. A profundidade das galerías pode chegar aos 4 metros, conducindo a distintas cámaras de hibernación e cría que se conectan entre si baixo terra. No caso de que penetre nela algún depredador, as marmotas contan con túneles máis finos polos que escapan ao exterior rapidamente. Durante a hibernación, os animais reúnense en grupos de 12 a 15 individuos que se apelotonan para darse calor entre si. Tamén desenvolven unha importante concentración de graxa subcutánea tras atiborrarse de comida durante os tres meses de verán.
A caza humana segue sendo a principal ameaza para esta especie, que non está regulada nos países onde a marmota bobac habita.
Subespecies
Coñécense dúas subespecies de Marmota bobak:[3]
Notas
Véxase tamén