mark! Lopez é un activista ambiental estadounidense. Foi director executivo de East Yard Communities for Environmental Justice.[1][2][3][4] Gañou o Premio Medioambiental Goldman de 2017.[5]
Traxectoria
Graduouse na Universidade de California, Santa Cruz, e a Universidade Estatal de California, Northridge.[6]
Meteu presión para que se limpara a contaminación polas baterías de chumbo da empresa Exide en Vernon, California.[7] Organizou unha protesta no Civic Center, Los Ángeles.[8][9]
Familia
A súa avoa é Juana Beatríz Gutiérrez, cofundadora de Mothers of East Los Angeles.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas