Marisol Yagüe, nada en La Línea de la Concepción (provincia de Cádiz) en 1952, é unha política española.
Traxectoria
Converteuse en alcaldesa de Marbella o 13 de agosto de 2003 grazas a unha moción de censura apoiada por oito tránsfugas do que era entón o seu partido (o GIL, Grupo Independiente Liberal), tres edís do PSOE e outros tres do PA, arrebatándolle o posto ao ata entón alcalde Julián Muñoz, tamén do GIL.
Tras a moción de censura, Yagüe abandonou o GIL tras 12 anos e pasou ao Grupo mixto A xunto aos tránsfugas do GIL. Trátase da primeira muller que se converteu en rexedora marbellí e o inicio do seu mandato supuxo o fin de máis dunha década de goberno do GIL no municipio.
Escándalos
Como alcaldesa, Yagüe enfrontouse a varios escándalos de corrupción. En 2006 a súa casa foi embargada de forma preventiva despois de que unha empresa construtora a acusase de tentar pagarlle a reforma que fixera á súa vivenda con diñeiro municipal.[1][2][3] O 1 de abril de 2006 ingresou en prisión incondicional como imputada polo caso Malaya, aínda que saíu do cárcere posteriormente baixo fianza.
O 27 de xaneiro de 2016 ingresou no cárcere de Alhaurín de la Torre para cumprir unha pena de cinco anos e medio polo caso Malaya.[4]
En 2020, a Audiencia de Málaga iniciou un xuízo contra Yagüe, que foi acusada polos delitos de prevaricación e malversación e por designar ao seu marido no ano 2003 (tamén procesado nesta causa) como coordinador nunha área do Concello de Marbella sen seguir os procedementos legais estabelecidos.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas