María Soledad Piñeiro Martínez, nada en Carnota o 1 de outubro de 1968, é unha mestra e política galega do PPdeG.
Traxectoria
Diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestra de educación de adultos. Foi coordinadora de iniciativas comunitarias de creación de emprego no Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia. Foi concelleira do PP en Carnota de 1999 a 2007 e en 2007 foi tenenta de alcalde. Pertence á Xunta Directiva do PP da Coruña. Foi deputada no Parlamento de Galicia en 2009 substituíndo a Diego Calvo Pouso e volveu ser deputada en 2012 substituíndo a Álvaro Pérez López. Procesada en decembro de 2015 polo TSXG por un presunto delito de prevaricación pola contratación irregular dunha traballadora no Concello de Carnota cando era tenenta de alcalde, dimitiu como deputada[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas