Marisol López Martínez, nada en Sobrado (Poulo, Gomesende), é unha profesora e política galega.
Traxectoria
Estudou o ensino secundario coas franciscanas de Ribadavia. Rematouno no antigo Instituto Feminino das Travesas de Vigo. Empezou a carreira de Filoloxía Hispánica co Colexio Universitario de Vigo, e rematouna na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesora no Colexio Universitario de Lugo, onde se fixo titular. En 1995 regresou a Santiago de Compostela. En 2005, co goberno bipartito, foi nomeada directora xeral de Política Lingüística.
Obras
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas