Mariano Granados y Campos, nado en Lugo o 12 de novembro de 1866 e finado en Soria o 5 de maio de 1914, foi un avogado e escritor galego.
Traxectoria
É coñecido por dinamizar a vida local soriana, por fundar e dirixir varios periódicos (El Noticiero de Soria, Recuerdo de Soria) e por fundar a Sociedad Económica Numantina de Amigos del País. Tras a súa morte, en 1914, a capital soriana dedicoulle unha das súas maiores prazas.[1]
Notas