Maria Lea Pedini Angelini, nada en San Marino o 15 de xullo de 1954, é unha política e diplomática sanmarinense. Pertence ao Partido Demócrata Cristián Sanmarinense.
Traxectoria
Licenciouse na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de Boloña en 1976, cunha tese sobre a museografía na tradición dos canteiros de San Marino.
En abril de 1981 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de Capitán Rexente de San Marino, xunto a Gastone Pasolini.[1]
Desde 1983 até 2006 foi directora da Oficina de Asuntos Culturais e de Información, no Departamento de Asuntos Exteriores. Máis tarde converteuse en directora do Departamento de Asuntos Europeos.
Desde 1995 é embaixadora de San Marino en Suecia.[2]
En 1998 recibiu do entón Presidente de Italia Óscar Luigi Scalfaro a Orde do Mérito da República Italiana.[3]
En 2005 atopábase entre os socios que refundaron a Sociedade Dante Alighieri en San Marino, que fora disolta en 1974.[4]
Cara a 2007 foi directora xeral do Departamento de Asuntos Exteriores e máis tarde foi embaixadora.[5][6]
En 2016, 35 anos despois do seu nomeamento, foi emitido na súa honra un selo de € 2,55 por parte da Azienda Autonoma di Stato Filatelica e Numismatica.[7][8]
Recoñecementos
- Cabaleiro da Orde ó Mérito da República Italiana, Italia, 3 de marzo de 1998. Condecorada polo presidente da república Óscar Luigi Scalfaro,
Notas