Marem Isabel Ladson Bugallo, nada o 18 de outubro de 1997 en Ourense,[1] é unha cantante e compositora galega-estadounidense máis coñecida como Marem Ladson.
É filla dunha xornalista e profesora ourensá e do xogador de baloncesto neoiorquino Willie Ladson, que xogou no Club Ourense Baloncesto.[2] Comezou a escribir cancións e a tocar a guitarra con 9 anos e con 15 mudouse de Ourense para vivir en Houston, en Texas.[3] Posteriormente regresou a Ourense e marchou a Madrid para estudar Relacións Internacionais.[3] En 2017 acadou recoñecemento profesional grazas ao seu primeiro sinxelo "All My Storms".[4] En maio de 2018 lanzou o seu primeiro álbum de estudio titulado Marem Ladson.[3]