Regresou de Alemaña a Culleredo con 8 anos.[2] Interpretou unha personaxe en Terra de Miranda, na TVG, e colaborou no programa Air Galicia interpretando numerosos personaxes.
Xunto co tamén humorista Xosé Antonio Touriñán integra o dúo cómico Os dous de sempre, e interpreta a Nucha no dúo Mucha e Nucha, as irónicas Cantareiras de Ardebullo, que acadaron grande sona no programa Luar.[1]
Dende 2011 dá vida aos personaxes de Kevin José e Ramona Comanecci en Era visto! e no 2012 interpretou o personaxe de Alán no filme de Ignacio VilarVilamor.