Marco Carreira, nado na Coruña en 1974 é un taekwondista retirado e actual adestrador de taekwondo galego.
Traxectoria
Campión de España de taekwondo en varias categorías, medallista europeo e nove veces campión de Galicia, dende 2004 traballa como técnico para a Federación Española de Taekwondo. É adestrador persoal, entre outros, do taekwondista español Nicolás García, medalla de prata nos Xogos de Londres 2012[1].
Notas