Marcial Rodríguez Cebral, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 19 de setembro de 1970[1], foi un avogado e diplomático galego.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Publicou algúns relatos en Cuentos Nuevos. En 1926 ingresou como oficial no Ministerio de Gobernación[2]. Na II República ingresou na carreira diplomática e foi vicecónsul de España en Marsella e Porto. Posteriormente foi nomeado Cónsul Xeral de España na República Arxentina.
Vida persoal
Casou con María Dolores de Rojas Gippini. O seu neto é o músico Julián Hernández Rodríguez-Cebral, líder da banda viguesa de rock Siniestro Total.
Notas