Marcelino L. Fernández Mallo, nado na Coruña en 1961, é un economista e escritor galego.
Traxectoria
Marcelino Fernández Mallo é un economista e escritor cunha fonda preocupación pola situación económica e social de Galicia. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UNED, obtivo o seu MBA na IMD Business School de Lausana (Suíza). Desenvolveu a meirande parte da súa carreira profesional no sector financeiro galego desenvolvendo labores executivas. Entre elas, creou e dirixiu o Departamento de Estudos de Caixa Galicia onde empezou a afondar no coñecemento da economía galega. Dende 2011 exerceu como consultor independente en sectores como a automocíón, o téxtil, o software ou a alimentación.
Colabora como articulista en Radio Galega, Vieiros, Xornal de Galicia, Economía digital, Galicia Confidencial e Nós Diario. Fondamente preocupado polo medio rural galego, a necesidade de aplicar outra política de desenvolvemento agrario constitúe unha das súas constantes chamadas e reclamacións como se reflicte, por exemplo, en “SOS Rural Galego” (Vieiros, 2007) ou en “Galicia, de paisaje natural a inmenso eucaliptal” (Mundiario, 2017).
Obra
En galego
- Cabilia (Editorial Primera Persona, 2005; relatos)
- A trenza (Ézaro Edicións, 2008; novela)
- Klásicos (Morgante Edicións, 2009; novela)
- Pallarega (Toxosoutos, 2012; novela)
- O bolseiro de Ingatex (Edicións do Peirao, 2018; novela)
En castelán
- De la peseta al euro (Editorial Pirámide, 1998; ensaio)
- El Danubio no pasa por Buenos Aires (Ézaro, 2015; novela)
- El émulo de Reginald Perrin (Ediciones Dauro, 2017; novela)
- Un cuervo azul (Malbec Ediciones, 2020; novela)
En inglés
- The Wrong Manager (LID Business Media, 2022; ensaio)
Véxase tamén
Ligazóns externas