María Josefa Caldelas Fernández, nada na Mezquita o 23 de decembro de 1978, é unha política galega do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
Operadora-codificadora de datos da Consellería de Medio Ambiente, exerceu como axente de desenvolvemento turístico, e foi asesora da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur). É empresaria de hostalería e administradora de Melior Producciones, empresa dedicada á organización e xestión de eventos. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 2001. Casou en 2007 con José Manuel Baltar Blanco[1].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas