Manuel Vázquez Ouro, nado en Maceda (Palas de Rei), foi un político galego.
Traxectoria
Foi alcalde de Palas de Rei en 1922.[1] Volveu ser nomeado alcalde de Palas de Rei en abril de 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931 e alcalde. Foi vicepresidente da Sociedad de Agricultores Oficios y Profesiones de Palas de Rei en 1932. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto de 1937. Xulgado en consello de guerra en Lugo o 9 de marzo de 1938, acusado de rebelión, foi absoluto e quedou a disposición do delegado de Orde Pública.[3] Saíu en liberdade o 23 de marzo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[4]
Vida persoal
Casou con María Boedo e foi pai de Delia, Lydia, Roberto, María Victoria e María Luz Vázquez Boedo.[5]
Notas
- ↑ El Progreso, 13-10-1922, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-4-1930, p. 2.
- ↑ El Progreso, 10-3-1938, p. 4.
- ↑ BOE, 21-4-1941, p. 1556.
- ↑ El Progreso, 4-10-1949, p. 3.
Véxase tamén
Bibliografía
- Pardo de Neyra, Xulio (2017). Da fidalguía á República. Achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro.
Ligazóns externas